Tropaverde premia á veciñanza do Porriño por reciclar

Medio cento de establecementos de Porriño sumaronse á iniciativa Tropaverde para reciclar con premio

22be4d5236b131dd576c7c36972a64eab3dfd3d9
O Concello do Porriño e Tropaverde presentaron hoxe en rolda de prensa a renovación desta iniciativa que premia os cidadáns pola súas boas accións medioambientais. Cada vez que unha persoa acuda a un dos puntos de recollida de residuos, recibe un cheque con estrelas que pode trocar por recompensas en forma de premios e descontos en comercios e hostalaría local que colaboran. Neste intre xa son máis de  cincoenta establecementos comerciais e de hostalaría que se vencellaron á iniciativa.

Por segundo ano Tropaverde e o Concello do Porriño manteñen a súa colaboración coa finalidade de concienciar ós porriñeses sobre a importancia da reciclaxe, “unha cooperación que agradecemos de xeito moi especial”, segundo valorou a alcaldesa Eva García que estivo presente no arranque da rolda de prensa e logo tivo que ausentarse por outros compromisos.

Sergio Casal, concelleiro de Limpeza manifestou o seu desexo de “poder establecer con Tropaverde  máis accións de fomenta da reciclaxe que poderían extenderse ás parroquias do concello.”

Este ano a iniciativa Tropaverde colabora coa Asociación Nacional de Empresas Distribuidoras de Electrodomésticos (ADEN) coa recollida e reciclaxe de pequenos aparellos eléctricos e electrónicos fora de uso. Con esta colaboración, tres establecementos de venda de electromésticos de Porriño súmanse como puntos emisores de cheques habilitándose 3 puntos novos onde se facer entrega de pequenos aparellos eléctricos en desuso. Son “Master Dani”, en rúa Progreso, 15; “Connecta Bugarín” no lugar de Abelenda, 2  en Pontellas; e “Tien 21 Reverendo” en rúa Ramiráns, 13.

Para estimular a participación da veciñanza de Porriño Tropaverde vai realizar “unha laboura de buzoneo para contrarrestar a falla de información que moitas veces dificulta a reciclaxe”, manifestou Marta Morán, responsable de Tropaverde.

Pola súa banda Javier de la Cerda, secretario xeral e Paula Paz, directora técnica da Asociación Nacional de Empresas Distribuidoras de Electrodomésticos, explicaron que esta organización patronal “engloba ás cadeas de distribución e as tendas de venda de electrodomésticos que son comercios locais ou de proximidade que teñen un maior grande compromiso co medio ambiente”. “Nós representamos a máis de 600 establecementos polo que estamos presentes en máis de 170 concellos de Galicia e sumamos unha superficie de venda na nosa comunidade  que supón 96.000 metros cadrados máis do que teñen as grandes superficies comerciais”, engadiu Paula Paz.

Sobre Tropaverde
Tropaverde é un proxecto tecnolóxico e innovador desenvolto por Teimas Desenvolvemento , que premia a concienciación ecolóxica da cidadanía. Os cidadáns inscritos na plataforma reciben puntos cada vez que fan accións responsables  medioambientalmente, como depositar residuos nos lugares indicados, ou asistir a eventos de sustentabilidade. Estes puntos pódense trocar por distintos agasallos e premios que entregan os locais patrocinadores.

Sobre  ADEN
A Asociación Nacional de Empresas Distribuidoras de Electrodomésticos (ADEN), é unha asociación sen ánimo de lucro, que reúne aos empresarios do sector da distribución e venda de electrodomésticos.
Suman un total de 754 establecementos; 597 en Galicia e o resto distribuídos polas comunidades autónomas de Asturias, Cantabria, Castela León, A Rioxa, País Vasco e
Navarra., cunha superficie destinada á venda de máis de 96.300 m2 e dan emprego a máis de 5.380 traballadores, 2.400 directo e 2.980 inducido.

Voltar o listado

Empregamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia do usuario a través da sua navegación. Se continúas a navegar aceptas o seu uso. Política de cookies

Continuar navegando