Redondela busca concienciar aos seus veciños coa Tropa Verde

Rolda de prensa da iniciativa Tropa Verde para conmemorar o Día Mundial do Medio Ambiente

9e7bab11570328165218461880b59cfb7f907484
Redondela busca concienciar aos seus veciños en materia medioiambiental con toda unha batería de accións que onte centraron a xornada do Día Mundial do Medio Ambiente. Entre elas a presentación da iniciativa Tropa Verde. O gasto do Concello na xestión dos residuos supera na actualidade o millón de euros, unha cifra que segundo o concelleiro Miguel Angel Álvarez "hai que reducir incentivando a reciclaxe". 

Para iso, onte foi presentado na Alameda o programa Tropa Verde, que premiará aos veciños do municipio que opten pola reciclaxe dos seus lixos, polas que recibirán puntos que despois poderán trocar no comercio local por premios. En total repartiranse 2.500 euros en premios, participando máis de medio centenar de comercios na campaña, que terá unha duración dun ano. 

Para poder participar neste programa, os interesados deberán inscribirse na páxina www.tropaverde.org, onde ademais poderán coñecer todos os detalles sobre esta campaña. 

A Tropa Verde é un proxecto que está en marcha noutras cidades e que busca potenciar o comercio local a un tempo que conciencia aos veciños na necesidade de reciclar os seus residuos.


Coa axuda das novas tecnoloxías e a cambio de levar os residuos ata os puntos establecidos, os veciños poderán obter descontos en 55 establecementos que xa se sumaron a iniciativa.


O proceso para participar é sinxelo. Os participantes teñen que inscribirse a través da web tropaverde.org. Cando leven por exemplo as súas bolsas de tapóns aos multiúsos, entreguen as súas garrafas de aceite usado ou depositen pilas, cartuchos de tinta ou outros residuos no punto limpo correspondente, obterán un cheque que lles servirá para acumular "puntos estrela" que poderán usar no comercio e na hostalería local obtendo descontos ou agasallos directos.



Voltar o listado

Empregamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia do usuario a través da sua navegación. Se continúas a navegar aceptas o seu uso. Política de cookies

Continuar navegando