O Concello do Porriño abre un novo prazo para a presentación de solicitudes para composteiros individuais
As solicitudes se rechean e entregan no Rexistro Xeral do Concello
Sergio Casal, concelleiro de Medio Ambiente e Limpeza comunicou que xa está aberto un novo prazo de presentación de solicitudes para aqueles veciños interesados en recibir un composteiro individual para vivendas unifamiliares.
As solicitudes se rechean e entregan no Rexistro Xeral do Concello. Hai que hacer constar un enderezo de correo electrónico e un teléfono de contacto. Son precisos para que o Concello poida contactar con estes veciños e vecinas para convocarlles no Multiusos de Torneiros á reunión onde se distribuirán os composteiros. Nesa reunión, como acontecera o pasado 21 de novembro, mestres composteiros do Plan Revitaliza explicarán como se realiza a montaxe dos composteiros que entregan embalados e como deben realizar a compostaxe dos residuos orgánicos.
A idea do Concelleiro de Medio Ambiente é que durante o mes de febreiro teña lugar a convocatoria aos solicitantes e que se faga o seguinte reparto de composteiros.
Vía: Concello de Porriño
Voltar o listado