Non é momento de esquecer o Cambio Climático
A loita contra o Covid-19 non debe minguar o esforzo mundial na batalla contra o Cambio Climático.
Por mor da propagación do virus Covid-19, a batalla contra o Cambio Climático hpasou a un segundo plano., pero a loita contra o Covid-19 non debe minguar o esforzo mundial na batalla contra o Cambio Climático. Ambas as crises presentan moitos puntos en común e podemos aprender do que está a suceder para aplicalo á emerxencia climática:
- Ambas as crises son transfronteirizas e a súa velocidade aumenta progresivamente se non se intervén de forma rápida e efectiva.
- Aumentan as desigualdades, afectando, en primeiro lugar, ás persoas máis vulnerables.
- Ambas teñen un impacto nos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible.
- As enfermidades infecciosas (como o Covid-19) ven favorecidas polo Cambio Climático.
- Necesitan ser abordadas desde a cooperación e a solidariedade.
Este último punto é o que queremos resaltar. Se fomos capaces de unirnos para protexernos e protexer aos demais tamén podemos facelo para coidar o lugar que habitamos, porque os hábitos e comportamentos de cada un son os que fan perigar o ecosistema.
Non é momento de dar as costas á Crise Climática. A diferenza do que pasou co Covid-19, aínda estamos a tempo de evitar unha situación que non podamos controlar. Cabe destacar que a reciclaxe é unha parte fundamental, debido a que, ao reciclar os nosos residuos, estamos a evitar que os elementos nocivos poidan contaminar a auga, o chan ou a atmosfera. Aínda que a responsabilidade da súa correcta xestión recaia en produtores e empresas, nós tamén somos responsables da correcta disposición dos residuos nos seus puntos correspondentes.
Actúa, reduce, recicla e conecta coa Natureza!
Vía: RAEE Andalucia
Voltar o listado