Guía cidadá para a correcta reciclaxe dos residuos de aparellos eléctricos e electrónicos (RAEE)

Material divulgativo para coñecer un pouquiño máis acerca dos RAEE

12e7f53991aac59fed474c23fd114b04b149ee67
 Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) colabora con Asociación Nacional de Empresas Distribuidoras de Electrodomésticos ( ADEN) para concienciar a cidadanía sobre a reciclaxe de residuos de aparellos eléctricos e electrónicos. Aquí poderás atopar material divulgativo que podes descargar e imprimir para distribuír entre a cidadanía.

Os cidadáns e cidadás dispoñen de varias alternativas para entregar o seu vello aparello eléctrico ou electrónico xa que ademais das opcións que ofrecen as entidades locais a través dos puntos limpos fixos ou móbiles aos que os usuarios poden acudir para depositar os seus RAEE, outra alternativa nova que ofrece a vixente lexislación é acudir aos puntos de venda de aparellos eléctricos ou electrónicos para reciclar estes refugallos. Os distribuidores teñen o deber de recoller o RAEE, con independencia da superficie da zona de venda, cando os usuarios adquiran un novo aparello eléctrico ou electrónico doméstico equivalente ao que se entrega. Pola contra, no caso de que os distribuidores dispoñan dunha zona de venda para aparellos eléctricos e electrónicos cunha superficie mínima de 400 metros cadrados, están obrigados a realizar a recollida gratuíta de aparellos eléctricos ou electrónicos de tamaño pequeno (que non teñan ningunha dimensión exterior que exceda os 25 centímetros) e sen necesidade de adquirir un aparello eléctrico ou electrónico novo.

  • Que son os residuos de aparellos eléctricos e electrónicos?
  • Que tipos de RAEE existen?
  • Que fago cos meus residuos de aparellos eléctricos e electrónicos?
  • Como se xestionan os RAEE?
Vía: ADEN
Voltar o listado

Empregamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia do usuario a través da sua navegación. Se continúas a navegar aceptas o seu uso. Política de cookies

Continuar navegando