FORMA PARTE DO CAMBIO COA TROPA VERDE PORRIÑO
Novo concurso da Tropa Verde Porriño para formar unha comunidade que desexe formar parte do cambio!
A que esperas para ser o cambio?
O plástico é o elemento de refugallo máis común que atopamos no océano. É prexudicial para o medio ambiente xa que non se descompón facilmente e con frecuencia é confundido polos animais mariños con posibles alimentos. A que esperas para ser o cambio?
Para formar unha comunidade concienciada con esta realidade lanzamos un novo concurso da Tropaverde. Para participar no presente concurso os participantes deberán compartir fotografías de maneira pública nas redes sociais e etiquetar á Tropaverde de O Porriño (@tropaverdePRINO) cos hashtags #formopartedocambio e #tropaverdeactúa
Búscanse fotografías que mostren:
1. Alternativas no uso do plástico:
Reutilización de envases, botellas, etc
Alternativas na utilización de bolsas, envases, etc.
Actividades de reciclaxe ou reutilización nos fogares.
2. Entregas residuos nos colectores adecuados, puntos limpos, minipuntos limpos…
3. Participación nalgunha campaña da Tropa Verde ou desfrutando dalgunha das nosas recompensas.
Poderán participar nesta iniciativa todos os membros da Tropa Verde ata o 15 de abril ás 00:00 h, se algún cidadán ou cidadá quere participar é non é membro da Tropa Verde pode darse de alta en www.tropaverde.org. Se permite participar todas as veces que se queira, cantos máis fotografías, máis oportunidades de gañar.
PREMIO:
Entre todos os participantes da campaña realizara un sorteo de:
5 packs da Tropaverde: bolsa + camiseta + gorra + paraugas
1 cámara acuática deportiva VicTsing Eypro1.
-----------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------
Bases para optar ó premio enmarcado na iniciativa “Tropa Verde” e que leva por título “FORMA PARTE DO CAMBIO”
PRIMEIRA.- Obxecto e marco de referencia
A campaña que Teimas Desenvolvemento S.L. NIF B70179973, en adiante "Teimas" como a empresa ideadora da Tropa Verde, no ámbito do incentivo da reciclaxe presenta “Forma parte do cambio”, concurso que inclúe varios sorteo no que poderán participar todos os membros da Tropa Verde.
O obxectivo non é outro que dar un paso máis sobre a necesaria tarefa de concienciación cidadá e promover o interese dos cidadáns na iniciativa Tropa Verde, que ten como obxectivo mellorar os índices de reciclaxe, rebaixando os custos de xestión de residuos. Se incentiva o cidadán a reciclar mediante recompensas directas por cada boa acción ambiental a través da súa páxina web.
SEGUNDA.- Mecánica do concurso
Para participar no presente concurso os participantes deben seguir as seguintes instrucións:
Ser membro da Tropa Verde, se algún cidadán ou cidadá quere participar e non é membro da Tropa Verde pode darse de alta en tropaverde.org só precisa un correo electrónico e un contrasinal.
Compartir fotografías nas redes sociais e etiqueta á Tropaverde
Santiago de Compostela (@tropaverdeSCQ)
Santa Comba (@tropaverdeSTCMB)
Vilagarcía (@tropaverdeVILA)
O Porriño (@tropaverdePRINO)
Ames (@tropaverdeAMES)
cos hashtags #formopartedocambio e #tropaverdeactúa
Búscanse fotografías que mostren alternativas do día a día no uso do plástico:
Reutilización de envases, botellas, etc
Alternativas na utilización de bolsas, envases, etc.
TERCEIRA.- Ámbito persoal e territorial
Poderán participar neste concurso todos os membros de Tropa Verde, se algún cidadán ou cidadá quere participar e non é membro da Tropa Verde pode darse de alta de maneira moi sinxela en www.tropaverde.org.
CUARTA.- Prazo de participación
O período de participación e do 6 de marzo ó 15 de abril do 2019. O sorteo realizarase o martes 16 de abril.
QUINTA.- Descrición do premio
Sorteo de PREMIOS compostos por:
5 packs da Tropaverde: bolsa + camiseta + gorra + paraugas
1 cámara acuática deportiva VicTsing Eypro1.
SEXTA.- Gratuidade da participación
A participación neste concurso é de balde.
SÉTIMA.- Condiciones das candidaturas
As candidaturas dos diferentes participantes deben ser presentadas por cada individuo, etiquetando á Tropa Verde de Ames (@tropaverdeAMES) cos hashtags #formopartedocambio e #tropaverdeactúa
OCTAVA.- Xurado
O xurado desta campaña estará conformado polos membros do equipo da Tropa Verde.
Teimas queda exonerada de calquera responsabilidade no suposto de existir algún erro nos datos facilitados polos participantes que impedise a súa correcta identificación.
Teimas resérvase o dereito para efectuar, en calquera momento, cambios que redunden no bo fin do concurso, tales como, a título enunciativo pero non limitativo, ampliación do período do concurso, inclusión de novos premios ou modificación das condicións de participación, ou cando concorra calquera causa de forza maior que impida levalo a termo na forma en que se describe nas presentes bases. Ditas modificacións serán comunicadas na páxina web da Tropa Verde (www.tropaverde.org) e/ou nas redes sociais da Tropa Verde a tódolos participantes.
Teimas non se responsabilizará da perda, avaría ou destrución do premio.
NOVENA.- Difusión e publicación
1. A Tropa Verde poderá proceder a divulgar a través dos seus propios medios (páxina web da Tropa Verde, redes sociais e comunicados de prensa) os resultados e participación deste concurso.
2. Os gañadores autorizan expresamente o uso das gravacións audiovisuais e fotografías que poidan realizarse durante a súa participación, así como a súa posterior utilización coa finalidade autopromocional da campaña, o que incluirá a súa reprodución e comunicación pública naqueles medios que a Tropa Verde considere oportunos sen límite temporal algún.
3. A participación nesta iniciativa supón a aceptación de todas as bases.
DÉCIMA.- Protección de datos
En cumprimento do Reglamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello, de 27 de abril de 2016, relativo á protección das persoas físicas no que respecta o tratamento de datos persoais e é libre circulación destes datos e polo que derógase a Directiva 95/46/CE (Regulamento xeneral de protección de datos), TEIMAS tratará a información que nos facilita co fin de enviarlle publicidade relacionada coas nosas campañas e concursos por calquera medio (postal, email ou teléfono) e convidarlle a eventos organizados pola empresa. Os datos proporcionados conservaranse mentres non solicite o cesamento da actividade. Os datos non se cederán a terceiros salvo nos casos en que exista unha obrigación legal. Vostede ten dereito a obter confirmación sobre se en Teimas estamos a tratar os seus datos persoais por tanto ten dereito a acceder aos seus datos persoais, rectificar os datos inexactos ou solicitar o súa supresión cando os datos xa non sexan necesarios para os fins que foron recolleitos.
UNDÉCIMA.- Aceptación e interpretación das bases
A participación no mencionado concurso supón a aceptación das presentes bases, así como a aceptación da interpretación que das mesmas puidese facer Teimas e dos criterios que estableza para resolver cantas cuestións derívense do mesmo.
As bases desta promoción estarán a disposición de calquera interesado nas oficinas de Teimas en Santiago de Compostela, e na páxina web https://www.tropaverde.org/.
DUODÉCIMA.- Ley aplicable
A lei aplicable á presente promoción será a española