Consome local, tamén en corentena

Iniciativas para o fomento do consumo de proximidade durante estes días de corentena 

36d1b2ee416011b5380c2074aa71a091f9ed5f99
A crise sanitaria provocada polo  COVID-19 está a cambiar moitos dos nosos hábitos: a corentena obrigatoria, os aplausos das oito da tarde, as conversacións a través da pantalla… son moitas os novos costumes que estamos a adquirir para levar da mellor maneira posible estes días en casa.

Con todo, un dos focos de maior conflito é o consumo. As autoridades recomendaron que salgamos o menos posible de casa e, a pesar de que a saída para comprar alimentos de primeira necesidade está permitido, recoméndase que se faga cada varios días e evitar compras diarias. Isto provoca, nalgúns casos, un consumo pouco responsable. Compramos de máis, comida que termina no lixo e pode acabar converténdose nun hábito pouco sostible.

Outro aspecto que preocupa son as perdas que esta crise está a carrexar para os comercios. En concreto para os pequenos e medianos comercios. A través de diversos medios, esfórzanse por sobrevivir a estas circunstancias, pero o apoio veciñal é un factor crave para iso.

Queremos salientar  os beneficios que ten o comercio de tempada e proximidade no Medio Ambiente: redución da pegada de carbono, menos gasto enerxético, alimentos de maior calidade… Pero fomentar este modelo de consumo tamén pode axudar a mellorar as nosas localidades. O diñeiro que deixamos nunha tenda local mantense 3 veces máis na nosa localidade que o diñeiro que deixamos nas grandes superficies (soldos de veciños e veciñas, por compras noutras tendas locais, etc.). Ademais, axuda a crear un sentimento de pertenza á comunidade.

Durante estes días xurdiron moitas iniciativas para fomentar e defender este comercio de proximidade. Moitas delas por internet, xa que segundo os últimos datos, o consumo  online disparouse ata un 73,7%  respecto a estas mesmas datas durante o ano anterior. Fixéronse varios chamamentos (tamén desde o goberno central) ao consumo de alimentos locais, así como a unha mellor planificación das compras.

Kibus.online (A coruña e Ferrol): plataforma online de productos da plaza. A través da  web podes darche unha volta por toda a praza, visitar cada posto e ver en directo a mercadoría dese día. Así, elixes en función do que ves.

dbarrio (Vigo) web que facilita por internet o acceso aos establecementos comerciantes polo miúdo, as tendas tradicionais. Deseñada para facilitar a selección do negocio máis próximo ao domicilio do cliente, mostrando a través dunha web propia os seus produtos.

Mercado de alimento labrego en Teo venta de produtos agrícolas e gandeiros por vía telefónica, correo electrónico ou similares, e entrega no domicilio.

O concello de Santiago, ten un Tícket especial de compra da iniciativa "Resposta ao coronavirus" onde calquera persoa que se atope en situación de vulnerabilidade e que non poida adquirir alimentos ou produtos básicos pode solicitar axuda aos servizos sociais municipais a través do teléfono 010. O Concello facilitaralles un TÍCKET ESPECIAL DE COMPRA, que pode empregar para obter comida e outros artículos de primeira necesidade nos seguintes establecementos

A empresa galega Eprox creou unha plataforma para que o comercio local da Comunidade poida vender de forma online os seus produtos de maneira gratuíta durante o estado de alarma.

No Concello de Sada creouse un cartel con información negocios que están abertos e evitar desprazamentos inútiles nun momento no que a mobilidade está restrinxida, indícase a dirección, o horario e se teñen servizo a domicilio.

A páxina web Frea A Curva xurdiu como unha plataforma onde recoller as respostas veciñais #ante a crise. A través do rexistro, pódese ofrecer un servizo aos nosos veciños (chamar a persoas maiores, pasear cans, escribir cartas) ou ben pedir axuda, persoas que non están en situación de poder saír de casa. Unha das opcións desta iniciativa é buscar pequenos ou medianos comercios de proximidade. É a nivel nacional, polo que persoas de toda España poden consultar os comercios máis próximos ás súas localidades.

A Colmea Di Si! é unha iniciativa de consumo local que conecta consumidores e produtores de proximidade, coa creación de comunidades chamadas Colmeas. As interaccións sociais créanse primeiro  online (na plataforma web) e refórzanse na vida real durante os encontros presenciais; é dicir, durante os días de distribución que teñen lugar unha vez por semana. Xurdiu en 2014 pero actualmente segue en funcionamento durante esta corentena. Podes buscar a túa colmea máis próxima no buscador da súa páxina web.

O pasado venres xurdía a campaña # EstePaísLoAlimentamosUnidos co fin de poñer en valor o traballo do sector hortofrutícola. Máis de 100 axentes do sector, entre asociacións, entidades e empresas, uníronse xa a esta iniciativa. O obxectivo é lanzar á cidadanía unha mensaxe común que axude a valorar o traballo diario de todo o sector hortofrutícola e a súa industria auxiliar para seguir abastecendo aos mercados de froitas e hortalizas de calidade durante a crise sanitaria.

Durante este período de confinamento, son moitas as mostras de creatividade das que estamos a ser testemuñas. Polo que iremos actualizando esta lista segundo váianse sucedendo novas iniciativas e ideas para fomentar o consumo local.

Comunidad ISM
Foto de :  ¡La Colmena que dice sí!
Voltar o listado

Empregamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia do usuario a través da sua navegación. Se continúas a navegar aceptas o seu uso. Política de cookies

Continuar navegando