Como gañar estrelas da Tropaverde Porriño?

O obxectivo de Tropaverde é incentivar as boas accións ambientais e a reciclaxe a través de recompensas directas aos cidadáns comprometidos. 

8a35dc3c8c586e8a13f1bfa390cb9b466baa167d

O funcionamento da Tropaverde é moi sinxelo: cada vez que calquer cidadán deposite un residuo (nos lugares que se indican no apartado "Gaña estrelas" da web) recibe un cheque con estrelas (puntos). Esas estrelas pódeas ir acumulando na súa conta para trocalas por descontos e agasallos que aparecen no apartado "Recompensas". As recompensas apórtanas os comercios e establecementos de hostalaría que colaboran como establecementos colaboradores da plataforma.

Onde podo gañar estrelas no Porriño?

  • PuntoLimpo: está situado na rúa C Cíes do polígono industrial de A Granxa. A esta planta poden acudir tódolos vecinos de O Porriño para depositar calquer tipo de residuo. Horario: Luns a venres de 10:00h a 14:00 h e os Luns pola tarde de 16:00h a 20:00 h.
  • Centros culturais e Concello do Porriño: depositando tapóns de plástico e pilas usadas.
  • Mini-puntos limpos: Pequenos puntosonde podes depositar os residuos. Se pode depositar: CDs e DVDs, cartuchos deimpresora, teléfonos móbiles e cargadores, aparellos eléctricos e electrónicos,pilas ou bombillas baixo consumo led. Depositando aquí os residuos conséguese un cheque de 30 estrelas. Para iso débese enviar unha foto depositando oresiduo no mini-punto limpo ás redes sociais da Tropaverde ou ó correo info@tropaverde.org
  • Colectoresde aceite: Depositando aquí o teu aceite de cociña usado se consegue uncheque de 30 estrelas. Para iso débese enviar unha foto depositando o residuono colector ás redes sociais da Tropa Verde ou ó correo info@tropaverde.org
  • Cheque con estrelas para as persoasque fagan un bo uso do servizo derecollida  de residuos voluminosos.Depositando aquí os residuos se consegue un cheque de 30 estrelas. Para iso débensedeixalos datos cando se chame o servizo de recollida para facer chegar víacorreo electrónico o cheque.
  • MASTER DANI: Entrega de pequenos aparelloseléctricos e electrónicos unha vez que estes chegan ao final da súa vida útil. Rúa Progreso, 15.
  • CONNECTA BUGARÍN: Entrega de pequenos aparellos eléctricos e electrónicos unha vez que estes chegan ao final da súa vida útil.Lg. Pontellas Abeleda, 2. 
  • TIEN 21 REVERENDO: Entrega de pequenos aparellos eléctricos e electrónicos unha vez que estes chegan ao final da súa vida útil. Rúa Ramiranes, 13. 

Cantidades mínimas a reciclar para acadar un cheque
Por cada entrega de residuos entregarase UN SO CHEQUE independentemente do número de residuos e do tipo, sempre respectando as cantidades mínimas especificadas na seguinte listaxe:

  • Aceite usado: 1 litro
  • Pilas: 10 unidades
  • Tapóns: 1 bolsa de conxelados chea
  • Papel-cartón: 1 bolsa grande das de papel
  • Tóners : 3 unidades
  • Roupa: 6 prendas de roupa grandes ou 12 prendas de roupa pequenas
  • Puntos Limpos: 0,5 kg de residuos
Voltar o listado

Empregamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia do usuario a través da sua navegación. Se continúas a navegar aceptas o seu uso. Política de cookies

Continuar navegando