Cinco cidades europeas implantarán a metodoloxía do proxecto Tropa Verde, recoñecida como boa práctica a nivel continental

Santiago acolleu durante o martes e mércores unha xornada de traballo no marco do programa europeo Urbact III (2014-2020), un proxecto de intercambio e aprendizaxe que promove o desenvolvemento urbano sustentable e integrado, englobando 550 cidades, 29 países e 7.000 axentes locais activos.

C582a6df058541f68babde5a8887709bfdef1c4d
Financiado conxuntamente pola Comisión Europea (Fondos Europeos de Desenvolvemento Rexional) e os Estados Membros, Urbact III facilita que as cidades europeas traballen de forma conxunta no desenvolvemento de solucións efectivas e sustentables para os principais desafíos aos que se enfrontan, compartindo boas prácticas e a experiencia adquirida e integrando dimensións económicas, sociais e ambientais.

A xornada desenvolveuse no Auditorio de Galicia e conta coa participación de representantes das cidades de Opole (Polonia), Guimaraes (Portugal), Zuglo-Budapest (Hungría), Niza (Francia) e Pavlos Melos (Grecia), que manifestaron a súa intención de implantar a metodoloxía Tropa Verde nos seus municipios.

O proxecto Tropa Verde, impulsado polo Concello de Santiago, foi un dos 25 proxectos elixidos polo Comité de Seguimento de Urbact dentro de 44 propostas de 129 socios de 24 países.

A través do proxecto Tropa Verde, Santiago lidera unha das 25 redes de transferencia do programa europeo Urbact III, de intercambio e aprendizaxe para o desenvolvemento urbano sustentable e integrado. Nesta 1ª fase, a rede deberá explorar as condicións e requisitos para a transferencia con éxito do proxecto no contexto local das outras cidades europeas, definirá a metodoloxía para facer esa transferencia e buscará novos socios interesados en participar nunha 2ª fase do proxecto, co obxectivo de chegar a un mínimo de cinco e un máximo de oito.

Tropa Verde é unha plataforma multimedia creada pola empresa Teimas Desenvolvemento que ten por obxecto fomentar a reciclaxe e a responsabilidade ambiental entre a cidadanía premiando de forma directa as boas accións medioambientais. A web tropaverde.org conecta os tres elementos necesarios para conseguir dito obxectivo: a cidadanía, os lugares onde os cidadáns e cidadás poden depositar residuos e onde se premiarán con cheques da Tropa Verde, e aqueles comercios e establecementos de hostalería que colaboran aportando agasallos e/ou descontos.

O funcionamento é moi sinxelo: cada vez que un cidadán ou cidadá deposita un residuo (nos lugares que se indican no apartado "Gaña estrelas" da web) recibe un cheque con estrelas (puntos). O cidadán ou cidadá póde ir acumulando esas estrelas na súa conta para trocalas por descontos e agasallos que aparecen no apartado "Recompensas". As recompensas apórtanas os comercios e establecementos de hostalería que colaboran coa plataforma.

Este modelo xa foi transferido a seis concellos de Galicia: Lugo, Ames, Redondela, O Porriño, Marín, Vilagarcía de Arousa e Santa Comba.

O obxectivo do proxecto europeo Tropa Verde, rewarding recyciling! nesta 1ª fase é transferir esta metodoloxía de traballo creada a través da plataforma Tropa Verde a dous socios europeos: District 14 Zugló Municipality (Hungría) e Dimos Pavlou Mela (Grecia), coa finalidade de poñela en práctica nas súas cidades, así como buscar socios para unha 2ª fase do proxecto, que incluirá un partenariado formado por entre cinco e oito socios europeos. 

Vía: Concello de Santiago

Voltar o listado

Empregamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia do usuario a través da sua navegación. Se continúas a navegar aceptas o seu uso. Política de cookies

Continuar navegando