Adeus ás lámpadas halóxenas

A partir do 1 de setembro, Europa prohibe a fabricación de lámpadas halóxenas e só poderán comercializarse as que sobren do stock xa fabricado 

D024cde70b2037165ae6578b45f862f5a3dcd9b5
A partir do 1 de setembro xa non se poderán fabricar lámpadas halóxenas. Segundo un estudo de Ledvance no que participaron 5.000 persoas, o 54% nunca oíu falar do ‘fin das halóxenas’, e só o 13% oíu algo pero descoñece as consecuencias. Estes son os resultados dun estudo encargado polo proovedor de iluminación Ledvance a poucos días de que entre en vigor a nova normativa europea. 

 Segundo a Directiva ErP 244/2009, a partir do 1 de setembro de 2018 xa non se poderán fabricar, nin vender lámpadas halóxenas que fosen fabricadas despois do 31 de agosto en toda Europa. Iso si, poderanse comercializar as que permanezan no stock e fosen fabricadas antes desa data.  Unha medida que foi acollida con satisfacción por parte de ecoloxistas e científicos en España.

“Vémonos na responsabilidade de informar desta situación xa que existe unha considerable necesidade de maior información sobre a “prohibición” e os seus efectos”, explica sobre o estudo Cristóbal Ripoll, director xeral de Ledvance

Sobre todo para aqueles consumidores que seguen comprando lámpadas halóxenas ou incandescentes; segundo os resultados, ata un terzo dos enquisados continúan incluíndo nas súas cestas da compra este tipo de lámpadas.Prohíbense as lámpadas halóxenas para fomentar o uso de lámpadas LED, máis sustentables e eficientes 

 “Investimos en tecnoloxía e en equipos que sexan eficientemente enerxéticos, contribuíndo, desta forma, á sustentabilidade do planeta”, recalca Ripoll.A directiva responde á tendencia xurdida a raíz do protocolo de Kioto, no que se estableceron medidas para reducir a emisión de gases de efecto invernadoiro. “É unha medida boa e necesaria, xa que tratamos de ir cara a un consumo máis responsable”, opina Raquel Paule, responsable técnica da Fundación Enerxías Renovables. 

Concretamente, as lámpadas que desaparecerán son as halóxenas clásicas, xeralmente feitas de cristal, que emiten luz omnidireccional e teñen casquillo E27 ó E14, así como algunhas lámpadas non direccionales con casquillos G4 e GY6.35. 

 A gran alternativa que a directiva expón son as xa coñecidas luces LED, cuxo aspecto é bastante similar pero de rendemento máis eficiente e sustentable. 

 Que debemos ter en conta á hora de comprar unha bombila LED
  • Casquillo: tipo rosca ou pin 
  • Forma: clásica (cristal) ou foco 
  • Tecnoloxía LED (por exemplo, lámpadas LED de filamento
  • Unha lámpada LED de 7 Watts equivale a unha incandescente tradicional de 60 watts 
  • Vida útil ata 15.000 horas 
  • Cor de luz de branco frío a branco cálido
“As luces LED achegan a mesma luminosidade consumindo a quinta parte que unha lámpada halóxena”, achega Paule. Ademais, a duración das lámpadas aumenta considerablemente, xa que “unha halóxena adoita ter unha duración de 2.000 ou 5.000 horas, mentres que as LED poden chegar ata as 50.000”, explica a responsable técnica. 

Á marxe da eficiencia e a sustentabilidade, tamén teñen outras vantaxes. “A iluminación LED corrixe incomodidades como poderían ser reflexos, deslumbramientos ou a calor das lámpadas”, engade Alicia Perea, Secretaria da Xunta Directiva da Asociación Profesional de Instaladores Eléctricos de Madrid ( APIEM).

Vía: 
Voltar o listado

Empregamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia do usuario a través da sua navegación. Se continúas a navegar aceptas o seu uso. Política de cookies

Continuar navegando