A perda e o desperdicio alimentario xeran o 8% das emisións anuais de CO2

O desperdicio de alimentos no mundo, supera os 1.300 millóns de toneladas anuais.

0ba5b9fa42e011bcb9c96b51bc2cc9e7b30dd25a
No marco da 31ª Reunión das Partes no Protocolo de Montreal relativo ás substancias que esgotan a capa de ozono, celebrada a principios deste mes  na sede da FAO en Roma, o Director Xeral desta organización, Qu Dongyu, asegurou que a cooperación internacional e as tecnoloxías innovadoras e respectuosas co clima son fundamentais para facer fronte á perda e desperdicio de alimentos no mundo, que superan os 1.300 millóns de toneladas anuais.

Ao respecto, manifestou que "O Protocolo de Montreal non é só un acordo ambiental exitoso que axudou á recuperación da capa de ozono e contribuiu á loita contra o cambio climático, senón que tamén é de gran importancia para protexer a cadea alimentaria"

Qu referiuse a este Protocolo como un excelente exemplo de cooperación multilateral exitosa, que impulsa a colaboración entre diversos actores internacionais, rexionais e locais dos gobernos, o sector privado, a comunidade científica e a sociedade civil.

Preto dun terzo de todos os alimentos producidos para o consumo no mundo pérdese ou desperdíciase, un fenómeno que ten lugar  sobre todo nos países en desenvolvemento, onde 821 millóns de persoas sofren aínda de malnutrición crónica e as consecuencias do cambio climático.

Sinalou que a perda e o desperdicio de alimentos contribúen ao cambio climático ao xerar case o 8% das emisións anuais de gases de efecto invernadoiro a nivel global, “unha situación que non só é prexudicial para o medio ambiente, senón tamén para os ingresos dos agricultores".

CONTAMINACIÓN POR PLÁSTICOS, OUTRO GRAN RETO

Así mesmo, o Director Xeral da FAO recordou que a contaminación por plásticos xerada parcialmente pola actividade agrícola é outro dos grandes desafíos aos que se enfronta o mundo na actualidade. "Hai que prestar maior atención para solucionar o uso dos plásticos na cadea de valor agrícola, en especial no envasado de alimentos e a cadea de frío alimentaria", indicando igualmente que se necesitan novas tecnoloxías e enfoques innovadores baseados nun novo modelo de negocio.

"Necesitamos aumentar a produtividade e a eficacia sobre a base da innovación e a boa xestión, e tamén promover a agricultura dixital", concluíu.

Vía: Sogama
Voltar o listado

Empregamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia do usuario a través da sua navegación. Se continúas a navegar aceptas o seu uso. Política de cookies

Continuar navegando