A metade dos españois non recicla os seus teléfonos móbiles vellos

O 49% dos españois non recicla o seu teléfono móbil, prefire gardalo en casa

E74bd2baf087448765622de9c213eaf2695ece1c
Reciclamos o papel, o vidro, o plástico e o teléfono móbil? Pois como nos desfacemos del cada pouco, cando aínda funciona, a maioría das veces por quedarse obsoleto, anticuado, non queremos desprendernos del, “polo si ou polo non”. Gardámolo nun caixón. E aí queda.

Cantos teléfonos móbiles tes gardados en casa? Seguro que algúns son modelos dignos dun museo tecnolóxico. Outros, ao non retirar antes as baterías, quedáronse feitos un noxo, pero aí seguen, no fondo do caixón. Non es ao único que lle pasa.

O 49% dos españois non recicla o seu teléfono móbil, prefire gardalo en casa, polo menos así o mostran os resultados do I Estudo sobre o Impacto Emocional e Económico do uso do móbil realizado por  SFAM, compañía europea especializada en seguros para dispositivos móbiles, e  Ipsos, firma dedicada a estudos de mercado.

Visto en positivo, o 51% de españois que si recicla recorre a varias alternativas para dar unha segunda vida ao seu teléfono: o 29% dóao ou vende a outra persoa e un 22% deposítao nun punto específico de reciclaxe.

Nunha análise máis pormenorizada, por grupos de idade, son os maiores de 45 anos os que reciclan nunha maior porcentaxe: un 26% deixa os móbiles en puntos de recollida, algo que só fai o 14,5% dos usuarios entre 18 e 29 anos, segundo indica o estudo realizado por  SFAM. Mentres que os máis novos, nun 34%, son os que máis ceden ou venden os seus teléfonos a outras persoas tras usalos fronte ao 26% dos maiores de 45 anos.

Analizando por territorios, o 27% dos habitantes da zona oriental (Cataluña, Comunidade Valenciana e Baleares) acoden a áreas de reciclaxe electrónica, fronte a tan só un 18% nas zonas do sur (Andalucía, Murcia e Melilla) e Canarias.

Unha maioría compraría un móbil reciclado

Gardar o móbil en calquera caixón do fogar é a práctica máis común cando deixa de ser útil, pero segundo os propios datos do I Estudo sobre o Impacto Emocional e Económico do uso do móbil, o 53% dos consumidores españois compraría un móbil de segunda man se lle ofrecese unha boa garantía. As principais motivacións serían contribuír a un consumo sustentable, para un 62%, e reducir a polución e a produción, para un 42%.

De feito, só tres de cada dez españois deciden cambiar de móbil para adquirir un modelo de categoría superior fronte a un 52% que prefire apurar a súa vida útil.

A maioría é partidaria de reparar, pero non o fai

O 63% dos españois móstrase partidario de reparar o móbil en caso de rotura, pero só un 15% repárao realmente. Esta reticencia débese a dous motivos fundamentais:  o 20% afirma non confiar en que a reparación sexa efectiva, mentres que o 6% non confía en ningún establecemento.

Do 15% dos españois que repara o seu teléfono móbil en caso de rotura, o 22% son novos de entre 18 e 29 anos e o 8% maiores de 45.

Por área xeográfica, son os habitantes de Madrid, Castela e León, Castela-A Mancha e Estremadura quen máis optan pola reparación cun 19% fronte aos consumidores da zona Este, 16% e do resto de comunidades, 10%.

En España, segundo datos do estudo, o 40% inviste ata 200€ en reparar a parte exterior do dispositivo para alongar a súa vida útil.

Vía: 20minutos

Voltar o listado

Empregamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia do usuario a través da sua navegación. Se continúas a navegar aceptas o seu uso. Política de cookies

Continuar navegando