10 series e documentais sobre o planeta e os animais para ver en casa

Aínda non sabes que ver nestes días? Agora é momento de quedarse na casa e por iso, queremos achegar un recompilatorio de algúns documentais sobre animais ou sobre o Planeta Terra. 

D532cd03548f1b1eb88f5820606100635cabd6b7
Aínda non sabes que ver nestes días? Agora é momento de quedarse na casa e por iso, queremos achegar o noso granito de area facéndoche a corentena moito máis levadía. Aínda é tempo de manta e non hai nada mellor que acompañala con algúns documentais sobre animais ou sobre o Planeta Terra. 

Por iso, recompilamos unha listaxe de 10 documentais sobre o planea e os animais onde poderás gozar das distintas marabillas que che ofrece o  medioambiente, entender o cambio climático e aprender a coidalo para a súa sustentabilidade.

1. Our  Planet | O noso planeta

Esta serie de documentais sobre o planeta revolucionou sen dúbida a plataforma xa que os seus 8 capítulos foron todo un éxito. Neste documental, poderás ver toda a beleza da natureza que habita no Planeta explorando as súas profundidades e recunchos ademais de coñecer os cambios que se están dando nel.
Netflix

2. Before  the  flood | Antes que sexa tarde
Unha película documental que nos fará pensar sobre o cambio climático e o seu efecto no noso planeta. Está baseada nunha longa viaxe por todo o mundo protagonizada por Leonardo  DiCaprio onde aparecen personalidades entrevistadas como  Barack Obama ou Bill Clinton. Móstranos o quecemento global e medidas para poder afrontalo. 
Disney +

3. Planeta Terra II

A través de Planeta Terra aprenderás desde como se fixo ata os diferentes lugares fascinantes que atopamos nel. Esta serie de documentais sobre o planeta da BBC tardou cinco anos en filmarse e producirse e foi cualificada como a visión á diversidade do planeta. Profunda na vida do planeta, así como problemas que actualmente o están prexudicando. Tamén mostra paraísos e paisaxes  idílicos pouco visitados polo home que poderás coñecer a través da pantalla.
DocumaniaTv

4. Cowspiracy

O secreto da sustentabilidade é un documental sobre animais, concretamente baseado en como a industria gandeira afecta o quecemento global. Centrado nunha viaxe dun ecoloxista buscando respostas a solucionar o problema a industria da carne como gran ameaza para o planeta. As consecuencias da industria gandeira no noso planeta centrada en principais causas como a contaminación e deforestación. 
Netflix

5. One  strange rock | O noso planeta

Esta serie documental producida por  National  Geographic e presentada por Will Smith, trata de catro astronautas vivindo a historia da Terra desde o espazo exterior.  Explícanos que todo está interconectado e que o noso planeta é un lugar marabilloso cheo de curiosidades que non deixan de sorprendernos.
Disney + / Netfilx

6. Chasing Coral | En busca do coral

En busca do coral é un documental que percorre 30 países con máis de 500 horas de gravación nas profundidades mariñas para contar como o cambio climático afecta o mundo mariño, en especial á flora e fauna, provocando a desaparición por mor da contaminación.
Netflix

7. Terra

É un ensaio documental onde quere poñer o foco nun problema presente e é que o noso planeta ten recursos limitados. Este extraordinario documental pon en valor á relación entre a condición animal e humana. Por iso, o director e activista ambiental  Yann  Arthus- Bertrand quere transmitir que aínda podemos cambiar o planeta sempre que cambiemos a nosa forma de relacionarnos e interactuar con el.
Netflix 

8. Wild  Yellowstone

Wild  Yellowstone é unha serie documental sobre animais e o seu lugar na natureza. Esta serie gravouse en diferentes épocas do ano e pódese apreciar a impresionante fauna de  Yellowstone, un lugar único no mundo onde penetrarche se queres coñecer a vida destes animais.
Disney+

9. Grandes migracións

Nesta serie poderás vivir en primeira experiencia as dificultades coas que se atopan os animais que  migran por todo o planeta, onde realizan verdadeiras maratóns a vida ou morte para cambiar de fogar.
Disney+

10. O planeta dos paxaros
Sabías que as aves poden vivir case en calquera parte do planeta? Atoparás aves desde o Polo norte ata calquera illa, como poden facelo? Descobre o mundo das aves e como se adaptaron para sobrevivir en case calquera lugar.
Disney+

Via: Ecovidrio
 

Voltar o listado

Empregamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia do usuario a través da sua navegación. Se continúas a navegar aceptas o seu uso. Política de cookies

Continuar navegando