Prácticas verdes para a volta ao cole

Quen?

Poderán participar todos os membros da Tropaverde, se algún cidadán ou cidadá quere participar e non é membro da Tropaverde pode darse de alta de maneira moi sinxela en www.tropaverde.org.

Como?

Para participar no presente concurso os participantes deben seguir as seguintes instrucións:

  • Ser membro da Tropaverde, se algún cidadán ou cidadá quere participar e non é membro da Tropaverde pode darse de alta en tropaverde.org só precisa un correo electrónico e un contrasinal.
  • Enviar fotografías, vídeos, prácticas ou ideas nunha mensaxe privada ou á dirección de correo electrónico info@tropaverde.org para facer unha volta ao cole máis verde, é dicir, exemplos que todos podemos aplicar para minimizar o noso impacto ambiental.

Cando?

O período de participación é do mércores 11 de setembro ó domingo 29 de setembro do 2019. O sorteo realizarase o luns 30 de setembro.

Premio

Entre os participantes sortearanse 5 camisetas da Tropaverde (suxeito a dispoñibilidade de stock)

Buscamos ideas para unha volta ao cole máis verde

A volta ao cole dos pequenos e mozos da casa supón unha pequena revolución para as familias: uniformes, roupa, libros, carteiras, libretas, lapis, bolígrafos e un longo etcétera de material faise necesario para equipar aos nosos fillos e inicien un novo curso académico con garantías.

Esta iniciativa ten o obxectivo de minimizar o impacto no peto dos fogares e protexer o medio ambiente, é importante a planificación previa e unha avaliación minuciosa das medidas a poñer en marcha, evitando así o uso desmedido de recursos. Pensar en clave “R” constitúe o primeiro mandamento a seguir: REDUCIR, REUTILIZAR E RECICLAR

Empregamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia do usuario a través da sua navegación. Se continúas a navegar aceptas o seu uso. Política de cookies

Continuar navegando