Festa dos 6.000 usuarios da Tropa
Quen?
Poderán participar todos os membros da Tropaverde, se algún cidadán ou cidadá quere participar e non é membro da Tropaverde pode darse de alta de maneira moi sinxela en www.tropaverde.org.
Como?
Para participar no presente concurso os participantes deben seguir as seguintes instrucións:
Ser membro da Tropaverde, se algún cidadán ou cidadá quere participar e non é membro da Tropaverde pode darse de alta en tropaverde.org só precisa un correo electrónico e un contrasinal.
Resolver o encrucillado proposto.
Enviar as respostas enumeradas do 1 ao 5 nunha mensaxe privada ou á dirección de correo electrónico info@tropaverde.org .
Cando?
O período de participación e do xoves 26 de agosto ó domingo 8 de setembro do 2019. O sorteo realizarase o luns 9 de setembro.
Premio
Entre os participantes que completen o encrucillado correctamente entrarán no sorteo de 5 cheques de 10 euros do supermercado GADIS.
Resolve o encrucillado da Tropaverde
Para conmemorar os 6.000 usuarios da Tropaverde lanzamos un sorteo cun encrucillado moi divertido para ver canto sabes da Tropaverde. Se queres participar só tes que resolver o encrucillado e enviar as respostas nunha mensaxe privada ou á dirección de correo electrónico: info@tropaverde.org, nese intre entrarás no sorteo de 5 cheques regalo do GADIS de 10 euros.