Aprende coa Tropaverde!

Reutiliza materiais da túa casa

Cantos máis obxectos volvamos reutilizar menos lixo produciremos e menos recursos teremos que gastar!

Materiais:
tesoiras, pegamento, pinturas, fíos, botellas de plástico, rolos de papel hixiénico, caixas de ovos, vasos de papel, goma eva, cartolina... E MOITA IMAXINACIÓN!

Procedemento:
Como se observa na imaxe pódense reutilizar todo tipo de materiais que atopemos polas nosas casas. Aquí vos deixamos unha serie de exemplos:
  • Flores con caixas de ovos e un pau de brocheta, por exemplo
  • Pingüín con iogur bebible
  • Estrela con rolos de papel hixiénico ou de cociña
  • Maceteiro con forma de gato ou piña cunha botella de plástico
  • Cazabolas cunha botella de plástico e un cordel onde se ata a tapa (bola)
  • Gusano, araña e morcego con caixas de ovos
  • Pulseiras con botellas de plástico e esmaltes de uñas (para un mellor acabado derretir os bordes coa plancha, coidado que queima)
  • Trofeo con vasos de papel
  • Coello ou pito con rolos de papel hixiénico



E TODO O QUE SE VOS OCURRA!!

FUNDAMENTO TEÓRICO:
Reutilizar é a acción que permite volver utilizar os bens ou produtos refugados e darlles un uso igual ou diferente a aquel para o que foron concibidos. Este proceso fai que cuantos máis obxectos volvamos reutilizar menos lixo produciremos e menos recursos teremos que gastar.

Empregamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia do usuario a través da sua navegación. Se continúas a navegar aceptas o seu uso. Política de cookies

Continuar navegando