Aprende coa Tropaverde!

Canto sabes de compostaxe?

Materiais: Só deberedes imprimir a imaxe adxunta abaixo e dispoñer dun boli ou lapis.

Procedemento:
Sinala cun redondel ou cículo todos os residuos compostables da imaxe.

FUNDAMENTO TEÓRICO:

Que é a compostaxe?
A compostaxe é a maneira de converter os biorresiduos –que supoñen o 53% da bolsa do lixo municipal- nun produto fertilizante. Consiste nun proceso aerobio (con aire) e termófilo (con aumento de temperatura) no que están implicados organismos e microorganismos descompoñedores naturais e no que é necesario misturar residuos de cociña e xardín con restos leñosos e secos de podas, serraduras e follas, para producir unha emenda de elevada calidade: o compost. Por cada 100 quilos de materia orgánica obtéñense uns dez quilos de compost peneirado.

Pódese compostar:
  • Da cociña (cociñados ou sen cociñar): froita e verdura, arroces e pastas, carne e peixe, pan e ovos, iogures, pousos e filtros de café, restos e bolsas de infusións (sen grapas), panos e papel de cociña sen tinturas
  • Do xardín: follas, flores e plantas verdes ou secas, herba, restos de poda triturados, cinza e serrín de madeira natural, restos da colleita da horta, froita caída, palla
Non se pode compostar:
Cinza de carbón ou madeiras tratadas, cueiros desbotables, revistas ou papel impreso a cor, restos de aspiradora ou de barrer, filtros de cigarros, tecidos sintéticos, calquera material non orgánico e biodegradable

Documentos da campaña

Empregamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia do usuario a través da sua navegación. Se continúas a navegar aceptas o seu uso. Política de cookies

Continuar navegando