Aprende coa Tropaverde!

O Forno Solar

Materiais: caixa de zapatos, xornais, cartolina negra,  papel de aluminio, papel filme, cinta adhesiva, palla, pegamento e tesoiras (ou  cutter). 

Proceso: 

Debuxamos un cadrado na tapa da caixa cuxos lados disten aproximadamente 2 cm. do bordo. Coas tesoiras cortamos só tres lados dese cadrado, a modo de lapela, deixando unha abertura como a da fotografía. 

Forramos a cara interior da lapela con papel de aluminio de modo que reflicta os raios do sol, dobrándoo nos bordos e pegándoo ao exterior da tapa con cinta adhesiva. A continuación, usamos o filme para facer un  recubrimento transparente sobre o buraco que fixemos na caixa. É recomendable utilizar unha capa dobre de filme e que o anaco sexa máis grande que o buraco para que se poida pegar con cinta adhesiva e asegurándonos de selalo ben para que non se escape o aire do interior do noso forno. 

Coa cartolina negra elaboramos unha caixa negra (sen tapa) que debe ser de tamaño menor que a caixa que empregamos en primeiro lugar, xa que a finalidade é colocala no seu interior. Esta superficie negra será sobre a que cociñaremos. Para manter mellor a calor dentro do noso forno solar enrolamos follas de xornal e poñémolas no interior da caixa pegándoas con cinta adhesiva ao redor da caixa negra. É importante asegurarse que a tapa da caixa pecha.

A mellor hora para cociñar (por exemplo derreter chocolate) co noso forno solar é cando o sol está no punto máis alto (entre as 12  am e as 3 pm). Poñen o forno nun lugar despexado, abre a lapela e axústaa de tal maneira que a luz se reflicta no papel de aluminio en dirección ao oco que recubriches co filme. Podes axudarche dunha  palliña para manter aberta a lapela no ángulo adecuado. 

Fundamento teórico: os fornos como este chámanse caixas colectoras porque almacenan a luz solar no seu interior. A calor do sol queda atrapado dentro do forno solar que comeza a quentarse de modo que é posible cociñar no seu interior.

A luz solar chega á Terra cun certo ángulo. O papel de aluminio reflicte os raios de luz e os lanza directamente cara a apertura da caixa. Unha vez estes atravesan o  recubrimento feito con filme quentan o aire no interior do forno. A cartolina negra retén a calor absorbéndoo e o papel de xornal actúa como illante.

Debate:

Nomea todas as enerxías renovables que coñezas


Empregamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia do usuario a través da sua navegación. Se continúas a navegar aceptas o seu uso. Política de cookies

Continuar navegando