Aprende coa Tropaverde!

Taller de creación dunha depuradora

Obxectivos:

  • Estudar os medios empregados para renovar a auga contaminada. 

  • Comprender o concepto de depuración.

  • Asimilar o funcionamento das plantas depuradoras.

  • Construír a súa propia depuradora como medio para aprender a través da experimentación.

Materiais: 2 Botellas de plástico iguais, medias ou algodón, arenilla, terra e pedras, auga

Proceso:

  • Cortar dúas botellas de plástico pola metade. Poñer un pouco de algodón no buraco e depositar nunha das botellas primeiro a area, despois as pedras pequenas e na segunda botella as pedras grandes

  • Verter na botella auga sucia de terra, area, auga sucia, turbia e con diversas partículas que recollerían ben do patio, terraza, balcón... Recoller nun vaso as pingas que saen do colo da botella. Esta auga será filtrada de modo que a auga que consiga chegar ata a botella baleira situada ao outro extremo será auga limpa e libre de residuos.

  • Se a auga sae sucia, pasala pola botella depuradora varias veces ata que a auga salga limpa.

Desta maneira os nenos poderán entender con maior facilidade o funcionamento dos tratamentos das augas a gran escala.

Debate final:

  • Que diferenza existe entre depurar e potabilizar?

  • Por que non podemos tirar toalliñas ó váter?


Empregamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia do usuario a través da sua navegación. Se continúas a navegar aceptas o seu uso. Política de cookies

Continuar navegando